Sireia

A carón do río

a noite espera,

fumando herba.

As estrelas do universo

morrendo no tempo

nacendo nos teus ollos.

Pequenos medos do solpor

ai pequena sireia!

Namorarme de ti quixera.

By: Amaia Merino, Jose Maseda, Fátima Neira e Elba Vélez.

Fixemos este poema con palabras soltas de poemas de Xosé María Díaz castro, poeta galego de Guitiriz, autor de Nimbos e do poema moi coñecido Penélope.

Un comentario en “Sireia

  1. Bo día, rapaces e rapazas:
    Eu presentaría o voso poema, indicando que está feito a partir de poemas de Xosé María Díaz Castro, poeta de Guitiriz, autor de Nimbos e do famosísimo poema titulado Penélope.
    Estupendo!

Deja un comentario